Letras

A SEREA E O MARIÑEIRO

Ela chegou como un soño (Como un soño ela chegou)
Entre a escuma das ondas (Como un soño ela chegou)
Atraída por un ronsel (Como un soño ela chegou)
Dun veleiro bergantín

 

Aínda que nada esperaba (Como un soño ela chegou)
Daquel triste mariñeiro (Como un soño ela chegou)
Certo é que non había (Como un soño ela chegou)
Un lugar mellor para onde ir

 

Debes regresar
Antes de que desaparezan as estrelas
Onde nacen os cantares das sereas
E os homes nunca poderán chegar
Aínda que o primeiro canto (Como un soño ela chegou)
Foi un canto desafinado (Como un soño ela chegou)
Tornou a súa cama fría (Como un soño ela chegou)
Nun gran cántaro de luz

 

Debes regresar
Antes de que desaparezan as estrelas
Onde nacen os cantares das sereas
E os homes nunca poderán chegar
Ela chegou como un soño (Como un soño ela chegou)
Entre a escuma das ondas (Como un soño ela chegou)
Onde nacen os cantares das sereas
E os homes nunca poderán chegar (Como un soño ela chegou x 4)

Xoel López