Pontedeocio.com
  Axenda Mensual
  Cursos
  Exposicións
  Outras Actividades
  Estreas de Cine
  Videos e DVD
  Xogos
  Libros
  Discos
  Viajes Recomendados
  Guía Establecementos
  Reportaxe Gastronómico
  Tenda Pontedeocio
  Especial Zona Monumental
  Especial Feira Franca
  Ocio Infantil e Natureza
  Entrevistas e Artículos
  Galería de Imaxes
  O Tempo
  Loterías
  Rueiro
  Publicidade
  Editorial
  Contacto
 Sindicación Sidicaci�n RSS
Oferta y demanda
Tu portal de compra-venta de artículos de segunda mano
ofertaydemanda.net

Volver ao Inicio Contacta con Pontedeocio Busca en Pontedeocio 
 

REPORTAXE
Deluxe é Xoel, e Xoel é DeluxePepe L. Gómez

Deluxe, é o proxecto musical e persoal de Xoel López, un xoven coruñés con moito talento para compoñer e interpretar, tal e como nos sigue a demostrar coa edición do seu segundo album "If things were to go wrong" (se as cousas fosen mal)

Xoel, o teu disco entrou na primeira semana no posto 55 da lista de ventas de albumes ¿Esperabas algo mais, ou polo momento daste por satisfeito?
Home, pois a verdade e que estou moi contento, a día de hoxe xa levamos mais de 8.000 copias vendidas, e ainda que este disco contou con mais medios que o anterior, estas cifras non responden a unha campaña promocional impresionante das que fan as grandes multinacionais, dado que eu traballo cunha compañía independente, tampouco é debido a que o producto se fixera para ser comercial. E moi gratificante saber que empezas a ter unha serie de seguidores, e un público o que lle gusta o que fas. A verdade e que xa me dou cun canto nos dentes.

Neste derradeiro traballo, ademais de nove temas en inglés (como é habitual) inclues duas cancions en castelán e unha en portugués ¿Por qué non hai algunha en galego?
Pois porque tiven que escoller 12 temas de entre 40 que xa compuxera hai tempo, e sí, entre eles había un tema en galego pero estaba sin rematar, tiña estribillos e todo pero ainda non estaba listo, e musicalmente falando tampouco era unha canción moi boa, pero...xa haberá mais ocasións.

¿Por qué tes predilección pola lingua inglesa para compoñer cancións?
Pois fagoo por hábito, porque con 14 ou 15 anos xa compuxen a miña primeira canción en inglés e penso que foi por influencia, dado que o noventa por cento da música que escoito está cantada en lingua inglesa.

No pasado fuches un dos compoñentes mais importantes de outros grupos ("The Covers" e "Elephant Band") ¿Por qué decidiches crear "Deluxe" como un proxecto en solitario?
Por unha cuestión de diferencias cos compoñentes dos grupos. Daquela eu xa compoñía as cancions, era o vocalista e tocaba a guitarra, pero as miñas cancións non lle gustaban ó resto dos compoñentes, e entón dinme conta de que eu era incompatible e que non pintaba nada alí. Decidín arriscarme e facelo todo pero en solitario, sin saber si me ía a ir ben ou non. Daquela eramos uns rapaces, hoxe todos evolucionamos musicalmente. Quen sabe se algunha vez voltarei a tocar con eles.

¿Qué destacarías de "If things were to go wrong?
Que é o resultado do que eu quixen facer, non tiven a obriga de meter determinados temas para que o disco fose mais comercial. Esa é unha das ventaxas de traballar cunha compañía independente como Mushroom Pillow, con eles podo facer realmente o que quero e expresarme artísticamente como é debido. O mais destacable é o amplo rexistro de voces, de forma que calquera pode pensar que hai diferentes cantantes, tamén se poden apreciar diferencias na producción e os arreglos.

¿Quen é o teu ídolo ou a túa inspiración musical?
Os meus ídolos e a miña inspiración de sempre foron os "Beatles" que son a base fundamental do Pop, pero a min realmente gustame escoitar un pouco de todo (Pop, Rock, Folk, Bossa Nova, Funk, Hip-hop...) e entón actualmente non me identifico con un grupo en concreto e a miña influencia musical e moi variada.

Entón ¿O teu eclecticismo musical é debido a esto?
Pois sí, pero isto é pola miña forma de ser, persoalmente eu son así, un pouco ecléctico e inquedo. Dende logo este eclecticismo non se debe a que ainda non topara o meu estilo musical; todo o contrario, precisamente o que me diferencia doutros artistas é que non me anclei a ningún estilo en especial.

¿É certo que chegaron a comparar a Deluxe con U2?
Sí, creo que sí, pero eu non lle fago moito caso porque xa nos compararon con outros grupos e penso que eso é porque pode haber cancións que sonen de forma parecida e entón a xente fai relacións musicais.

O venres 25 de abril estarás na sala "Camawey" de Pontevedra ¿virás acompañado pola túa banda de directos ó completo?
Por suposto que sí, alí estaremos todos a partir das once da noite para ofrecer esa máxia dos concertos en directo, esa máxia que endexamais se pode vivir escoitando un disco; pero bueno, como tamén pincho discos, o acabar en "Camawey" estarei no "Pub Orange" pinchando un pouco.

¿Algunha novidade de ultima hora que poidas contarnos...?
Pois o mais destacable que che podo contar é que a axencia de publicidade do "Banco Barclays" escolleu unha das miñas cancións do primeiro traballo de "Deluxe" para poñer sintonía ó spot da campaña publicitaria de este ano.

Xoel, desexamosche que sigas colleitando moitos exitos e que o teu paso por Pontevedra sexa un deles.


 
Axenda do Mes
<< >>
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728
 
 
 



E-mail:           
  Información suscripción ó Boletín Info 
 
 
¿Cal é a túa opción preferida para o teu ocio?